O alcalde recibe ás novas traballadoras sociais
Abel Caballero recibiu este mércores a visita na Alcaldía das 9 traballadoras sociais que se incorporan ao servizo e que eleva a 40 o número de profesionais que atenden unha demanda que crece a causa da crise sanitaria. Deste xeito, o Concello aumenta case nun 30% o cadro de persoal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este mércores no Concello ás nove novas traballadores sociais que atenderán a crecente demanda na cidade debido á situación Covid. A pasada semana a Xunta de Goberno aprobou unha bolsa de emprego da que agora se nomea a 8 traballadoras sociais ás que se suma outra profesional que xa se incorporara en novembro. O cadro de persoal municipal refórzase nun 30% e a cifra total de traballadoras sociais é de 40 profesionais.