Escoitar

O Concello de Vigo celebrará o Día da Muller con xornadas e conferencias online

Vigo acollerá entre os vindeiros días 8 e 18 de marzo diferentes actos para celebrar o Día Internacional da Muller. O Concello, en colaboración co Consello Municipal da Muller, organizan conferencias, charlas, contacontos e un Pleno monográfico.

xoves, 18 feb 2021
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves a programación de actos do Concello, en colaboración do Consello Muncipal da Muller, para a celebración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8M. “Vigo seguirá sendo un referente no ámbito da igualdade”, destacou o rexedor.

Todos os actos que se celebrarán ao longo de dúas semanas serán online e retransmitidos a través de plataformas como Youtube ou Zoom debido a crise sanitaria. A celebración comezará o luns, día 8 de marzo, ás 10:00 horas cun Pleno virtual do Consello Municipal da Muller retransmitido en directo a través de Youtube.

“Xornadas 8M - Visibilizando a desigualdade. Reclamando os nosos dereitos” (conferencias online):

Martes, 9 de marzo:

17:00 horas: Inauguración por parte de Abel Caballero Álvarez.

17:15h.: “A realidade da prostitución en Galicia. Unha aproximación dende Vigo”. Asociación Faraxa.

18:15h.: “Profesións do deporte. Somos as mulleres unha materia pendente?”. Asociación Mudega.

Mércores, 10 de marzo:

17:00h: “Violencia de xénero en tempos de pandemia: entre virus e maltratadores”. Miguel Lorente Acosta

18:00h: “Visibilidade das mulleres LBTIQ no ensino: percorrido imprescindible cara a igualdade”. Ana Ojea Alonso

19:00h: "Avanzamos cara a corresponsabilidade? O novo marco da lei de equiparación dos permisos por nacemento". Carmen Castro García

Xoves, 11 de marzo:

17:00h: “Os coidados, novos desafíos dende o feminismo”. Priscila T. Retamozo Ramos

18:00h: “Migrando ás fronteiras dixitais: prostitución 2.0”. Mabel Lozano

Martes, 16 de marzo:

18:00h: Contada de Igualdade “Semente de Igualdade Ernestina Otero”, a cargo de Polo Correo do Vento. Para nenas e nenos a a partir de 4 anos. Actividad acompañada de lingua de signos. En liña a través da plataforma ZOOM

Mércores, 17 de marzo:

18:00h: Visita guiada á ruta en feminino “Sons de mulleres”, a cargo de María Casar. En liña a través da plataforma ZOOM

Xoves, 18 de marzo:

18:00h: Recital aberto de poesía de xénero con Iolanda Zúñiga. En liña a través de la plataforma ZOOM

Durante o mes marzo realizarase a entrega dos Premios de Igualdade “Ernestina Otero” 2020 e 2021.

Descargar todas as imaxes