O Concello celebra o Día da Muller na Ciencia con xogos online e obradoiros para o alumnado
Xogos de pistas, xogos en liña e obradoiros para o alumando dos centros escolares son as actividades postas en marcha este mes de febreiro polo Concello de Vigo con motivo do Día da Muller na Ciencia. Derivado da situación actual, e para garantir o acceso de todos os centros as actividades, ofértase a posibilidade de participar nas propostas a través de transmisión en directo online.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves das actividades postas en marcha polo Concello con motivo do Día da Muller na Ciencia. “É moi importante, levamos traballando moito tempo para que o tema da muller na ciencia sexa unha de nosas actividades máis importantes, hoxe é o día máis especial, lle adicamos máis atención, pero para nos dura todo o ano”, sinalou o rexedor.
Así, o Concello porá en marcha este mes tres iniciativas que teñen como finalidade por en valor o uso do galego como lingua de Ciencia e visibilizar as mulleres científicas, fomentando as vocacións científico técnicas entre o alumnado de Vigo. Derivado da situación actual, e para garantir o acceso de todos os centros as actividades, ofértase a posibilidade de participar nas propostas a través de transmisión en directo online.
Nesta edición, o Concello destaca a cinco científicas que, como tantas outras, non gozan do recoñecemento que merecen, a maioría segue traballando en activo a día de hoxe:
África González (Madrid, 1962): catedrática de inmunoloxía da UVigo e premio Premio Women CEO na categoría Muller e Ciencia 2021.
María José Alonso (León, 1958): catedrática de farmacia da Universidade de Santiago e na actualidade traballando en proxectos de vacinas para loitar contra a pandemia do Covid-19.
Joceyn Bell (Reino Unido, 1943), descubridora das estrelas pulsantes, non recibiu o premio Nobel polo seu descubrimento pero si o seu director de tese. Un exemplo de discriminación por xénero.
Frances Northcutt (EEUU, 1943). Coñecida como Poppy, matemática e avogada. Controladora das misións Apolo, dedícase na actualidade a loita pola igualdade.
Antonia Ferrín (1914-2009, Santiago). Todo un referente a recuperar. Matemática e astrónoma, esta galega foi a primeira española en realizar un doutorado en Astronomía
As tres actividades que se porán en marcha son as seguintes:
Reto xogo de pistas online baseado nas mulleres científicas. Os centros participantes deberán conectarse a unha web para ver en directo as pistas que permitiran o inicio da pescuda de novos datos e informacións a través da Internet. A nosa misión e compensar ese gran erro histórico e conectar as cinco grandes científicas cas súas obras. Terá unha duración de 50 minutos e está dirixido a cursos de Secundaria, Bacharelato e Módulos FP. Celebrarase os días 23, 24, 25 e 26 de febreiro.
Xogo en liña utilizando as plataformas Kahoot e Mentimeter. Dun xeito lúdico, o alumando mergúllase na historia da Ciencia e da importancia das mulleres inxustamente esquecidas. As preguntas de Ciencia irán intercaladas con preguntas sobre termos científicos en galego. Ten unha duración de 50 minutos, é para cursos de Secundaria, Bacharelato e Módulos FP.
Obradoiro sen conexión. No caso de non ter garantido o acceso a Internet, ou desexar facer a actividade en outra data que a proposta, ponse tamén a disposición dos centros unha opción descargable para o seu uso na aula. Serán documentos con guías, retos e vídeos con pistas para a resolución do xogo, diarios con novas sobre mulleres científicas, enigmas, mapas, fichas con información... Duración de 50 minutos e para cursos de Secundaria, Bacharelato e Módulos FP.