Escoitar

O IX Concurso de Corda Cidade de Vigo reunirá a 65 músicos por vía telemática

Abel Caballero presentou en rolda de prensa unha nova edición do certame que se celebrará do 3 ao 6 de decembro de forma telemática debido a actual crise sanitaria. O concurso, organizado pola por la Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGCI), conta coa colaboración do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

luns, 23 nov 2020
Presentación do concurso de corda.
Presentación do concurso de corda.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este luns aos organizadores do IX Concurso de Corda Cidade de Vigo que reunirá o vindeiro mes de decembro a un total de 65 músicos baixo a organización da Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGIC), a colaboración do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra e o patrocinio da empresa viguesa Ibercisa Deck Machinery.

A nova edición do certame desenvólvese entre o 3 eo 6 de decembro, de forma telemática debido a actual situación de crise sanitaria (poderá seguirse a través das redes sociais), coa participación de 65 músicos de España e Portugal nas catro modalidades: violín, violonchelo, viola e contrabaixo.

Elizabeth Taylor, presidenta de AGIC, informou durante a rolda de prensa que Maximino Zumalave, fundador e director asociado da Filarmónica de Galicia, presidirá o Xurado, que estará formado por Enrique Iglesias Precedo, responsable da orquestra de nenos Sinfónica de Galicia; Roberto Alonso, doutorado en Música (violín) pola Universidade de Birmingham e profesor de violín na Universidade Baptist de Hong Kong; Marta Vélez, profesora de violín e música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo; Leonardo Blanco, profesor de violín no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; Miguel Rocha, profesor de violonchelo ESART Lisboa; Antonio Pereira, profesor de viola na Universidade de Aveiro Portugal; e Juan Carlos Villar, profesor de contrabaixo no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A Asociación Galega de Instrumentos de Corda fundouse no 2011 co obxectivo de promover un concurso para nenos que estudan instrumentos de corda en calquera centro, público ou privado de Galicia. Dada a alta demanda de participación foise abrindo ao resto de España e Portugal. Hoxe en día atrae estudantes de toda a Península Ibérica, Illas Baleares e Canarias, sendo un dos concursos de referencia.

 

Descargar todas as imaxes