Escoitar

O Concello restrinxe o acceso a VigoZoo, cemiterios e instalacións deportivas e culturais

O alcalde de Vigo avanzou as medidas que tomará o Concello a partir da noite do venres ao sábado debido á entrada en vigor do decreto da Xunta de Galicia coas novas restricións á mobilidade. VigoZoo estará pechado durante o mes e queda reducido o aforo en cemiterios e instalacións deportivas e culturais.

venres, 6 nov 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres das novas medidas que o Concello porá en marcha tras a entrada en vigor, na medianoite deste venres, do decreto da Xunta de Galicia coas novas restricións debido a pandemia do Covid-19.

Entre as novas restricións municipais o rexedor anunciou que VigoZoo queda pechado durante un mes a partir da medianoite e que os cemiterios manteñen as mesmas restricións que a semana pasada, é dicir, aberto ao 50% do aforo e visita de un máximo 4 conviventes xuntos.

En canto ás instalacións deportivas, o peche mantense ás 22,00 horas e respeto das infraestruturas culturais, a nova normativa non afecta nin a bibliotecas nin museos, pero o Auditorio Municipal terá, con carácter xeral, un aforo máximo do 30% (excepto en programación de Vigocultura onde hai autorización expresa da Dirección Xeral de Saúde Pública para chegar ao 50%).

Reparto de máscaras

Ademais, o rexedor indicou que este sábado continuará o reparto de máscaras nos mercados de Teis, Bouzas, O Berbés e As Travesas tras distribuír xa unha quenda de 75.000 novas máscaras (250.000 desde marzo) procedentes do Goberno de España. Tamén sinalou que este xoves aprobáronse 115 axudas de emerxencia por importe de 18.059,57 euros, polo que a contía total xa é de 1.440.639,45€ (10.494 axudas).

Descargar todas as imaxes