Escoitar

O Concello encara o final da humanización da Gran Vía co plantado de 200 árbores e 700 arbustos

Segundo informou o alcalde, o goberno de Vigo inicia este xoves a colocación dos 207 árbores, 710 arbustos e 2.800 plantas de tempada, paso previo á inauguración da remodelación, prevista para finais de mes. Caballero asegurou que a nova vexetación substitúe a exemplares que tiveron que ser retiradas polo seu mal estado.

xoves, 5 nov 2020
Caballero mostrou fotografías con seccións das árbores retiradas, "podrecidas" e con "risco para as persoas"
Caballero mostrou fotografías con seccións das árbores retiradas, "podrecidas" e con "risco para as persoas"

A transformación da Gran Vía, no seu tramo entre María Berdiales e Venezuela, afronta a súa recta final. O Concello de Vigo traballa desde este xoves na plantación de 207 árbores, 710 arbustos e ata 2.800 plantas de temporada coas que culminará a remodelación da rúa, que inclúe as ramplas mecánicas no bulevar central, en probas tamén este xoves.

“Calculamos que acabaremos a final de mes, cando inauguraremos as ramplas e a nova humanización da Gran Vía”, avanzou Caballero. A obra forma parte do proxecto Vigo Vertical, cofinanciado pola Unión Europea a través dos Fondos FEDER, e presenta un orzamento de cinco millóns de euros. Cos medios mecánicos, “queremos eliminar a pendente” do 9% e ademais “utilizar o bulevar”, que presenta agora un cuberta concibida como “unha fermosísima escultura; é precioso ver as cores camiñando subindo a Gran Vía”, afirmou o alcalde.

A vexetación triplica as 68 árbores presentes neste treito da Gran Vía antes da súa remodelación, en parte exemplares que tiveron que ser retirados por atoparse en mal estado. Caballero amosou en rolda de prensa fotografías da mala condición das árbores, con “risco para as persoas, porque estas árbores podían ter caído en calquera momento”.

Descargar todas as imaxes