Escoitar

O Concello pide á Xunta que eleve as súas achegas para o bono de alimentos

O alcalde reclamou á Xunta que aumente a dotación económica do bono de alimentos, unha prestación que, na súa opinión, debería ser indefinida, como sucede no Concello de Vigo. Este servizo, coñecido en Vigo como tarxeta da dignidade leva operativa case dez anos.

martes, 20 out 2020

Abel Caballero reclamou esta mañá á Xunta que iguale as súas achegas para o bono de alimentos, unha prestación que vén de renovar por só tres meses e que en Vigo -financiada polo Concello - non caduca e ten maior dotación económica. De feito, a tarxeta da dignidade, que leva funcionando na cidade preto dunha década, supón un ingreso de 200 euros/mes para 1 membro; de 290 euros/mes para 2 membros; de 350 euros/mes para 3 membros; de 400 €/mes para 4 membros e450 €/mes para 5 miembros.

Estas cantidades, explicou, supoñen un 50% máis da cantidade que concede a Xunta e, ademais, é unha prestación que non caduca mentres non varíe a situación socioeconómica do usuario. Neste punto, reclamou ao goberno autonómico que aumente estas achegas e as faga indefinidas, ao igual que o Concello de Vigo.