O goberno local pon o Auditorio de Castrelos a disposición dos grupos políticos para eventos electorais
Abel Caballero informou este luns de que o Concello de Vigo puxo a disposición dos grupos políticos o Auditorio ao Aire Libre de Castrelos co obxectivo de que poidan celebrar con seguridade os eventos relacionados coas Eleccións Autonómicas. Ademais, anunciou un novo pleno este mércores para sortear outras vez as mesas electorais debido ao gran número de renuncias recibidas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que dadas as limitacións de seguridade sanitarias impostas pola crise do Covid-19 e para facilitar a organización de eventos de cara ás eleccións autonómicas do 12 de xullo, o goberno local pon a disposición dos grupos políticos o espazo pechado de Castrelos. A platea permitiría acoller ata mil 1.000 persoas, en cadeiras e mantendo a correspondente distancia de seguridade. “O Concello de Vigo pretende cooperar para que todas as forzas políticas poidan organizar actos con plenas garantías de saúde”, sinalou o rexedor.
Ademais, Caballero informou de que xa convocou un novo pleno extraordinario o vindeiro mércores, 1 de xullo, para celebrar outra vez o sorteo de mesas electorais. O alcalde explicou que a Xunta Electoral informou ao Concello de que 158 persoas presentado alegacións, un rexistro do que o propio rexedor non lembra precedentes. Abel Caballero deu conta do aviso recibido por parte da Xunta Electoral de Zona, que pediu ao Concello que busque unha solución a este problema.