O Concello anima á afección a asistir ao Memorial Paco Araújo de baloncesto, o luns no Polideportivo de Navia
Manel Fernández animou hoxe aos afeccionados a acudir este luns festivo ao Polideportivo de Navia para presenciar o partido entre o Celta Zorka Recalvi e o Durán Maquinaria Ensino lucense (18:30 horas), con entrada gratuíta e correspondente ao Memorial Paco Araújo, en lembranza do que foi presidente do Club Deportivo Bosco dende 2001 ao 2016.<br /> <br />
Acompañado de Carlos Álvarez, presidente do Bosco, e das xogadoras Ángela Coello e Sara Vidal, o edil certificou que Navia é "o centro neurálxico do baloncesto en Vigo, Galicia e España e é un pracer cooperar ao seu desenvolvemento". O concelleiro destacou a "firmeza e vontade do club en recordo dunha persoa que foi referencia na xestión deportiva en Vigo", ademais de agradecer a presenza de "dúas xogadoras de moita proxección".
Álvarez, pola súa banda, dixo que é "outro ano máis para celebrar o cuarto memorial. Estes anos pasaron voando e imos demostrarlle (a Paco) o agarimo que lle temos con este memorial". O directivo agradeceu "a Alcaldía e á Concellería de Deportes o seu apoio non só ao memorial senón en todo o concernente ao Club Deportivo Bosco", e enfatizou que "hai uns anos o Concello pediunos que apostásemos pola canteira e creo que o estamos facendo con fartura: agora están en Huelva as seleccións galegas, xogándose os Campionatos de España, e das vinte e catro nenas doce son do Celta. Somos a cuarta canteira de España, a un punto da terceira, e esperemos que esta tempada podamos estar entre os tres primeiros de España".
O presidente bosquista pediu á afección que "o luns veñan honrar a memoria de Paco porque vai ser unha festa do baloncesto con entrada de balde". E, ademais, "vai ser baloncesto de Liga Feminina, que é o que bota en falta esta cidade", dixo en relación á presenza do cadro lucense, da máxima categoría (Liga Endesa).
"Invitamos a asistir para lembrar, pero tamén para poñer en valor o baloncesto", engadiu Manel Fernández.
Descargar todas as imaxes