Escoitar

O Concello ofrece actividades infantís no Parque de Nadal do Auditorio do 20 ao 24 de decembro

Abel Caballero detallou este luns o programa de actividades que abordará "O Mundo das civilizacións" e que está pensado para nenas e nenos de diferentes idades co obxectivo de facilitar a conciliación das familias durante o Nadal.

luns, 16 dec 2019
1576501284161219ParqueNadalVigo.JPG
O Concello organiza desde o 20 ao 24 de decembro o parque de Nadal "O mundo das civilizacións" no Auditorio Mar de Vigo con actividades para cativas e cativos de diferentes idades. A entrada é gratuíta ata completar aforo e haberá quenda de mañá (11:30-13:30 horas) e de tarde (16:30-20:30 horas), a excepción do venres 20, soamente de tarde, e o día 24, soamente pola mañá.

O alcalde explicou que o dobre obxectivo do programa é contribuír á conciliación familiar e ofrecer diversión para os máis pequenos da casa. Así, haberá obradoiros lúdico-educativos para nenos a partir de 3 anos (O noso castrexo, O mito do minotauro, A reliquia perdida, Catapulta cartaxinesa, Transvase de auga, Pequegalia, Antigas civilizacións: o inicio do empoderamento das mulleres), de 0 a 3 anos (actividades de aventuras "pirámide de aventura"), a partir de 4 anos (Escritura chinesa na area, Moedas de comercio de tódalas civilizacións, Pok ta pok, civilización maia; Tangram xigante, civilización chinesa; Kubb, civilización vikinga; Tatuaxes de henna, civilizacion exipcia; Pictogramas nas pedras, civilizaciones prehistóricas) e a partir de partir de 5 anos (Fotoconto das civilizacións).

Abel Caballero anunciou tamén que a carteira real comezará estes días as súas visitas pola cidade en asociacións veciñais e centros comerciais, facendo parada nas bibliotecas o día 3 de xaneiro: a Neira Vilas pola mañá e a Juan Compañel pola tarde. Amais, o Concello ten en marcha tamén o III Certame de Rondallas, Concello de Vigo que se celebra o 4 de xaneiro no Pavillón Municipal de Deportes de Travesas ás 19 horas.

O rexedor deu conta dos espectáculos infantís que acollerá o Auditorio Mar de Vigo durante o Nadal: a "Granxa de Zenón", os días 27, 28 e 29 de decembro; "Puzzle Kids. Ven a mi fiesta de Navidad", o 2 de xaneiro ás 17 horas e 3 día 3 á mesma hora, María Fumaça "O veleiro verde". Haberá tamén actividades infantís na carpa de Nadal de Navia: o 2 de xaneiro, "O mago Marco", de 17:30 a 20 horas; o 3 de xaneiro,"Cé, Orquesta Pantasma", de 17:30 a 18:30 horas e o día 4 "Mago Rei Midas", de 17:30 a 18:30 horas.

Os máis pequenos poderán gozar de obradoiros e chocolatadas en diferentes espazos da cidade durante as festas: en decembro, o 19 na Miñoca, o 20 na Praza Emigrante, o 21 en Navia, o 22 en Lavadores, o 23 no Parque Camilo José Cela, o 26 en Pereiró, o 27 no Mercado de Teis, o 28 na Praza 8 de marzo, o 29 na Alameda de Bouzas e o 30 na Peonil do Calvario; en xaneiro, o 2 na Praza da Independencia, o 3 no Calvario e o 4 en Navia.
Descargar todas as imaxes