Escoitar

O Concello recibiu un total de 7.648 solicitudes para o sorteo de entradas da estrea de "Frozen 2"

Un total de 7.648 persoas solicitaron entre o luns e o martes pasado a súa inscrición no sorteo de entradas para a estrea nacional da película "Frozen 2" en Vigo. O Concello regalou 180 invitacións mediante sorteo para o pase da longametraxe este mércores na cidade.

mércores, 20 nov 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este mércores que o Concello recibiu un total de 7.648 solicitudes para inscribirse no sorteo das 180 entradas para a estrea hoxe na cidade (19:30 horas, Praza E) da película de animación "Frozen 2".

As entradas foron repartidas a tarde do martes na lonxa do Concello e Caballero indicou que a páxina web municipal (vigo.org) rexistrou unha una avalancha de visitas para inscribirse e participar no sorteo. Así, o alcalde precisou que a web tivo o luns 28.500 usuarios (356% máis que o luns anterior), 37.192 sesións (411% máis que o luns anterior) e 139.536 páxinas vistas na web (27.380 o luns anterior).

Ademais, a App Vigo tamén rexistrou datos de afluencia moi elevados con 1.000 descargas entre o luns e martes (en total ten actualmente 26.500 descargas).