O goberno de Vigo inicia a elaboración o orzamento de 2020 centrado na inversión, a política social e no emprego
Abel Caballero asinou este martes a orde para o inicio da elaboración do orzamento do Concello para 2020, unhas contas que primarán o investimento para continuar transformando a cidade, as políticas sociais e o emprego. Esta mesma semana serán aprobadas as ordenanzas fiscais, segundo avanzou o alcalde.
Abel Caballero asegurou que Vigo é a primeira das grandes cidades de España en iniciar a elaboración do seu orzamento do próximo ano, froito da estabilidade política e do "apoio" cidadá. O alcalde puxo en valor este contexto e a "fortaleza financeira" do Concello de Vigo, con débeda cero.
O novo orzamento afondará na política de investimento municipal que permite a transformación da cidade, a través das humanizacións, dos parques infantís e de maiores, ou das instalacións deportivas, por exemplo. Ademais, outros eixos do documento económico de 2020 será o énfase na política social e no emprego, segundo anotou Caballero.
O alcalde avanzou que a elaboración do orzamento de 2020 dará esta mesma semana un paso adiante coa aprobación das ordenanzas fiscais para o próximo ano.
Axudas á creación de empresas
Na mesma rolda de prensa, Abel Caballero informou da publicación no BOP das bases e convocatoria para optar á liña de axudas municipais á creación de empresas. Ao efecto, o Concello de Vigo dispón de 70.000 euros.
Á convocatoria poden concorrer entidades e empresas de nova creación, con domicilio social e fiscal en Vigo, constituídas entre o 1 de abril de 2018 e o 31 de marzo deste ano. A axuda ten por obxecto subvencionar parte dos gastos de posta en marcha da compañía e do seu funcionamento nos primeiros meses.
Son obxecto de subvención municipal os gastos de constitución e apertura da empresa, existencias iniciais de mercadorías, alugueiro, primas de seguros, gastos correntes e dereitos de propiedade industrial, entre outros. O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles desde o seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.