Caballero destaca a alta participación na consulta sobre espazos libres de fume
O alcalde en funcións apuntou este venres que o resultado da consulta pública aberta na web municipal sobre a posibilidade de que Balaídos e algúns areais sexan espazos libres de fume "empeza a ser bastante consistente".
Segundo explicou Abel Caballero, a porcentaxe de votantes partidarios de que non se poida fumar no estadio municipal de Balaídos incrementou ata o 85,6% fronte ao 16% dos que están a favor de que se permita.
No caso das praias, os case 34.000 votos emitidos inclínase polos areais libres de tabaco, co 77,1% da cidadanía, unhas 26.000 persoas, que quere algunhas praias viguesas sen fume. Mentres o 22,9% dos votos prefiren que se poida fumar.
Así as cousas, o rexedor apuntou que "empeza a ser definitivo; bastante consistente" o resultado da consulta pública aberta na páxina web do Concello e coa que o goberno municipal quere pulsar a opinión da cidade. Referiuse tamén á alta participación neste proceso: "non recordo unha votación pública telemática con tanta participación", lembrando que só se pode votar unha vez desde cada dispositivo e prognosticando que "chegaremos aos 35.000 votos".