O Concello e Renfe colaborarán para favorecer o uso do tren e potenciar o turismo na cidade
Abel Caballero e o presidente de Renfe, isaías Táboas, asinaron hoxe xoves un convenio de colaboración para promover conxuntamente o uso do tren e a cidade de Vigo como destino turístico e de negocios. A través da Fundación Vigo Convention Bureau, ofreceranse descontos do 35% sobre a tarifa xeral nos billetes de ida e volta.
O alcalde en funcións e presidente da Fundación Vigo Convention Bureau e o máximo responsable de Renfe, Isaías Táboas, subscribiron esta mañá un acordo de colaboración co obxectivo de promover conxuntamente o uso do tren e a cidade de Vigo como destino turístico e de negocios durante todo ao ano 2019. Grazas a este convenio, a Fundación ou calquera institución que organice un congreso ou evento, organizadores profesionais de congresos ou axencias de viaxes poderán ofrecer aos asistentes e expositores descontos especiais do 35% sobre a tarifa xeral nos billetes de ida e volta. Deste xeito, explicou Caballero, Renfe pasaría a ser "Transportista Oficial de congresos ou eventos en Vigo e, singularmente, do Marisquiño, un evento cun nivel de utilización de ferrocarril moi elevado".
Este desconto será válido para viaxar en todas as clases de trens AVE, Longa Distancia, en todos os traxectos de percorrido nacional, previa solicitude nunha páxina web habilitada para tal efecto (http://www.renfe.com/viajeros/tarifas/eventos.html). A oferta é válida para congresos ou feiras de carácter profesional que reúnan a máis de 75 persoas que utilicen o tren nos seus desprazamentos.
Durante o encontro pasaron revisión á situación e á atención de Renfe a territorio, abordando, entre outros asuntos, a avaría que sufriu un tren hotel que realizaba o traxecto Vigo-Barcelona esta mesma semana e que xerou importantes atrasos. A este respecto o rexedor en funcións aludiu ás verbas do propio Isaías Táboas quen avanzou o inicio da remodelación de todas as locomotoras do operador antes de fin de ano.
Abel Caballero tamén aproveitou este encontro para reiterar que máxima prioridade da cidade é o AVE directo a Madrid por Cerdedo, un "proxecto xa imparable" ao tempo que insistiu na necesidade de conectar no medio prazo con a segunda urbe lusa a través del Corredor Atlántico. "Vigo ten que estar dentro da rede europea de alta velocidade", concluíu.