Vigo recibe un Premio Menina polo traballo da Policía Local en contra da violencia de xénero
A Policía Local controla unha media mensual de 170 ordes de afastamento de mulleres vítimas de violencia de xénero, unha das accións que desenvolve a unidade da EVAP que fixo ao Concello merecedor dun novo Premio Menina. Trátase da terceira distinción que recibe o Concello pola súa labor na loita contra a violencia machista.
O Concello de Vigo recibirá unha mención especial polo traballo que realiza a Policía Local en defensa das mulleres vítimas de violencia de xénero. Trátase do terceiro recoñecemento deste galardón que recibe a administración local de mans do Goberno Central.
A Policía Local, a través da unidade da EVAP, recibiu ao longo de 2017 85 ordes de afastamento e controlou unha media de 170 ao mes. Segundo detallou o rexedor, desde 2006, estes axentes atenderon 1.400 mulleres e controlaron 3.000 ordes de afastamento. Ademais tamén realizan cursos de autoprotección para mulleres, que esta mesma tarde recibirán os seus correspondentes diplomas nun acto no que tamén participará o alcalde de Vigo.
O Concello coopera ademais na organización das III Xornadas Municipais "Unidas contra as Violencias Machistas" que se celebrarán hoxe e mañá na sala de conferencias do Centro Social Afundación, baixo o título "Deconstruyamos las violencia con un enfoque feminista". Diferentes profesionais de distintos ámbitos tratarán asuntos como a desigualdade e discriminación; a prostitución e a trata sexual, a muller en prisión; ou periodismo despois do 8M, entre outros.