Escoitar

Caballero agradece a elección de Vigo para o proxecto "Ven e verás"

Os días 26 e 27 de outubro, o peirao de transatlánticos acollerá a iniciativa "Vén e verás", promovida pola asociación "Abre os teus ollos" co obxectivo principal de previr, detectar e atención de posibles problemas visuais e auditivos en colectivos vulnerables.

xoves, 18 out 2018
1539865724181018ONG_01.JPG
Entre 70 e 80 profesionais -optometristas, oftalmólogos, farmacéuticos e voluntarios- desprázanse desde distintos lugares de España de forma desinteresada para realizar esta acción solidaria, da que se beneficiarán sobre medio millar de persoas con discapacidade intelectual de distintas asociacións de discapacidade e enfermidade mental de Galicia.

Os beneficiarios serán atendidos en grupos dun máximo de sete persoas, que pasarán polas estacións dispostas no percorrido. Os profesionais irán desenvolvendo a revisión por fases, realizando probas de visión, saúde mental e auditiva e hixiene ocular.

En rolda de prensa, Abel Caballero quixo agradecer ao comité organizador a elección de Vigo como sede este ano da súa iniciativa, "tan importante" ao ligar a saúde visual cos colectivos vulnerables. O alcalde recoñeceu o traballo dos impulsores na "necesidade" da prevención e detección de posibles enfermidades: "sempre teredes no goberno de Vigo aliados para o voso traballo".

"Vén e verás" é un conxunto de accións solidarias que periódicamente desenvolve a asociación "Abre os seus ollos" cun colectivo vulnerable, neste caso con persoas con diversidade funcional (discapacidade intelectual, enfermidade mental...) e/ou grupos en risco de exclusión social.

O obxectivo do proxecto -presentado este xoves na Alcaldía polo alcalde e Ignacio Sánchez en representación do comité organizador- é a prevención, detección e atención de posibles problemas visuais e auditivos. Para este ano, os organizadores elixiron Vigo como sede da súa acción.
Descargar todas as imaxes