Escoitar

Unha tomografía confirma o bo estado de saúde da oliveira do Paseo de Alfonso

O alcalde desprazouse esta mañá ata o Paseo de Alfonso onde técnicos municipais estaban a practicar unha tomografía á oliveira centenaria. Tal e como confirmaron as probas, o exemplar -que parece ter 174 anos segundo as últimas investigacións- está en moi bo estado de saúde.

mércores, 17 out 2018
1539781592tomografia.JPG
O alcalde amosou a súa satisfacción tras a tomografía practicada á oliveira do Paseo de Alfonso. "A evolución é moi boa, está moi vigorosa e mellorou nos últimos anos" explicou na rolda de prensa posterior á visita á árbore. As probas realizadas demostran a efectividade dos tratamentos que se aplicaron á árbore nos últimos 5 anos período que consistiron, entre outras medidas, en ampliar a base non cuberta de pedra uns 85 cm de diámetro, o que permitiu a oliveira duplicou o seu volume.

O rexedor destacou a satisfacción que lle produce a recuperación dunha exemplar que levaba practicamente abandonada desde 1932 cando a cidade lle rendeu homenaxe, tal e como lembra unha placa. As últimas investigacións científicas apuntan que a idade máis "plausible" da árbore son 174 anos e avanzou que "o ano que vén celebraremos o 175 aniversario".
Descargar todas as imaxes