Escoitar

O alcalde pedirá ao ministro de Cultura a recuperación do proxecto da Biblioteca do Estado

O rexedor trasladará mañá mércores ao ministro de Cultura a necesidade de recuperar o proxecto de Biblioteca do Estado que o anterior goberno eliminou dos orzamentos xerais. Consciente de que este proceso vai levar un tempo, Caballero insistiu en que é o momento para iniciar un diálogo que remate permitindo construír esta dotación cultural nos terreos que o Concello expropiou para a Cidade da Xustiza.

martes, 18 set 2018
Abel Caballero manterá un encontro mañá mércores co ministro de Cultura, José Guirao, para iniciar un diálogo que permita recuperar o proxecto da Biblioteca do Estado en Vigo, unha vez eliminado dos orzamentos xerais polo anterior executivo presidido por Mariano Rajoy. Ademais doutras cuestións, o alcalde proporá a instalación desta dotación cultural nos terreos que o Concello expropiou para construír a Cidade da Xustiza e polos que pagou 3,5 millóns. A este respecto, Caballero destacou que Vigo é a cidade de España máis poboada que aínda non conta con Biblioteca do Estado.