Escoitar

O Concello rematará en mes e medio o ascensor acristalado de Marqués de Valterra

Visitado hoxe xoves polo alcalde, o elevador ata Torrecedeira estará emprazado á altura de Instituto Oceanográfico e forma parte da segunda fase da humanización da rúa, cun importe de 871.000 euros. Será o primeiro dos dous ascensores que conectarán Marqués de Valterra con Torrecedeira e forma parte do proxecto Vigo Vertical, cofinanciado con fondos da Unión Europea.

xoves, 30 ago 2018
1535633727Valterra.jpeg
Segundo as datas comunicadas hoxe polo alcalde, nun prazo máximo de mes e medio estará terminado o ascensor que unirá Marqués de Valterra con Conde de Torrecedeira. Haberá un segundo, á altura de Juan Ramón Jiménez, en perpendicular ao que constrúe o Concello coa remodelación do parque Camilo José Cela e ao xa operativo entre Pi y Margall e Camelias.

O ascensor, unha obra que forma parte do proxecto Vigo Vertical cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea, está incluído na segunda fase da humanización de Marqués de Valterra, cun investimento de 871.000 euros, que supera o millón sumando a primeira fase xa executada. A nova etapa da humanización, informou Caballero, contempla a renovación do pavimento, con beirarrúas de granito, 1,2 quilómetros de novas canalizacións soterradas, rede de rego e alumeado público, novos puntos de luz, xardineiras, papeleiras e arborado.

O elevador ten capacidade para 13 persoas, será acristalado panorámico de 15 metros de altura, suxeito con estrutura de acero e con acceso superior mediante unha pasarela peonil de aceiro e cristal.

Abel Caballero resaltou que o ascensor creará unha nova praza en Marqués de Valterra, nunha zona que ata o de agora era unha "vertedoiro", denunciou que gobernos anteriores non atenderon a esta rúa e valorou que o Concello hoxe "atende a toda a cidade por igual".

O alcalde puxo en valor a transformación "integral e histórica" que o goberno que preside acomete neste entorno, coa humanización de Marqués de Valterra, os dous ascensores, a remodelación do parque Camilo José Cela -que tamén inclúe un elevador-, a humanización da rúa Llorente e da propia Torrecedeira, ademais de cambiar o acceso ao CEIP Ramón y Cajal e desbloquear o Barrio do Cura. "Síntome moi orgulloso de ser o alcalde que o fai", aseverou.
Descargar todas as imaxes