Abel Caballero valora que os concellos presten a primeira atención ás vítimas de violencia machista
Despois de reunirse onte mércores coa vicepresidenta do Goberno de España, Carmen Calvo, o alcalde de Vigo e presidente da FEMP puxo en valor o "cambio cualitativo" na loita contra a violencia de xénero, coa recuperación de competencias para os concellos, que pasan a ser "a primeira instancia" da atención ás vítimas.
Abel Caballero desprazouse onte mércores a Madrid para celebrar unha reunión coa vicepresidenta do Goberno de España, Carmen Calvo. Este xoves, xa en Vigo, o alcalde e presidente da FEMP valorou o resultado da reunión como un reforzo da autonomía das cidades no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Segundo detallou, Caballero acordou coa vicepresidenta que os fondos destinados aos concellos vanse duplicar, 20 millóns este ano e ata os 40 millóns de euros no 2019. Para o alcalde, asignalos directamente aos municipios representa unha "revolución" e reforza a autonomía das entidades locais. O novo enfoque do Goberno de España sitúa aos concellos en primeira liña de actuación coas vítimas da violencia machista, sendo "a primeira instancia" de atención.
Por outra banda, Abel Caballero resaltou a transcendencia da decisión do novo Goberno de España de derrogar parte da LRSAL mediante decreto lei e recuperando así competencias municipais de loita contra a violencia de xénero, perdidas coa aplicación da nomeada Lei de racionalización e sustentabilidade das administracións locais.
"É un cambio cualitativo na forma de entender a loita contra a violencia machista, é unha forma de involucrarnos directamente aos concellos, é unha forma de recuperar competencias nesta dimensión", explicou Caballero, quen avanzou a creación dunha comisión bilateral Estado-concellos para recuperar as competencias municipais en servizos sociais, tamén retiradas polo anterior Goberno de España.
Descargar todas as imaxes