O Concello traballa en 15 novas medianeiras co programa de arte urbana "Vigo Cidade de Cor"
O alcalde, que visitou na mañá deste mércores a II Intervención artística urbana "Desbarrando na rúa", organizada por APAMP coa colaboración do goberno vigués, reúnese pola tarde cos artistas da edición 2018 de "Vigo Cidade de Cor", que xa están a converter en arte urbana 15 novos espazos da cidade.
Coa cooperación do Concello de Vigo, APAMP celebra este mércores a súa segunda Intervención artística urbana "Desbarrando na rúa" no Paseo de Alfonso XII, unha obra cerámica colectiva visitada hoxe mércores polo alcalde vigués e que inclúe música, baile e poesía.
Abel Caballero reúnese na tarde deste mércores cos artistas encargados de transformar outras 15 medianeiras en arte urbana. A cuarta edición do programa municipal "Vigo Cidade de Cor" xa está en marcha cun orzamento total próximo ao medio millón de euros e actuacións en colexios e nos seguintes espazos da cidade: rúa Pino 149, Centro Comercial Coia 4, Aragón 198, Tomás Paredes 60 e 84, Gerardo Campos 8, Avda Atlántida 52, Avda Galicia 109, IES Valladares, Ramón María Aller, Urzáiz 62, Hotel Cidade de Vigo, túnel Avda Beiramar, pavillón de Coia, Cataluña 21 e Avda Castrelos 80.
En total, o Concello de Vigo leva actuado sobre 60 medianeiras, convertidas xa en murais artísticos. En paralelo ao "Vigo Cidade de Cor", o goberno vigués levou adiante obradoiros de arte urbana para escolares e a iniciativa CreaVigo, un proxecto de creación artística en directo que mistura artes plásticas, ilustración, música e danza en espazos públicos. A iniciativa municipal tamén inclúe visitas guiadas polas medianeiras.