O Concello aproba humanizacións por valor de 6,2 millóns de euros
O alcalde valora a "importante xeración de emprego" que supón a posta en marcha dos proxectos de humanización que veñen de ser aprobados en Álvaro Cunqueiro, a praza de Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, a Escola de Música de Beade, a segunda fase de Vía Norte, a rúa Camilo José Cela e José Frau.
"Estamos facendo unha importantísima xeración de emprego, directo e indirecto, e marcamos pautas nunha forma distinta de facer cidade e de crear postos de trabalo", sinalou Caballero ao dar conta dos proxectos de humanización que veñen de recibir a luz verde da Xunta de Goberno Local e que supoñerán un investimento de 6,2 millóns de euros.
O rexedor relatou os diferentes proxectos, comezando pola fase II da humanización da rúa Álvaro Cunqueiro, na coroa circular exterior, que conta cun orzamento base de licitación de 1.600.000 euros. Aprobouse tamén o proxecto de humanización da praza de confluencia entre Sanjurjo Badía e o Barrio das Flores, por valor de 595.000 euros, que incluirá a ampliación de beirarrúas, a renovación do muro e da rede de alumeado, unha nova rede de rego, arborado novo e a reordenación da beiravía. Será "unha praza nova nunha zona que o precisa, porque Sanjurjo Badía está densamente habitada e necesita un espazo destas características".
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á proposta de adxudicación da contratación das obras de acondicionamento e mellora da contorna da Escola de Música de Beade por valor de 463.000 euros, co acondicionamento dos espazos interiores e a urbanización de exterior e do alumeado para configurar unha zona novamente utilizable.
Quedaron aprobados tamén tres expedientes de contratación: as obras de humanización de Vía Norte, a fase que resta entre entre Escultor Gregorio Fernández e Urzáiz, cun importe de licitación de 2.300.000 euros, que se suma ao 1,3 millóns de euros da fase anterior, entre Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Fernández; o expediente das obras de humanización da rúa Camilo José Cela, cun importe máximo de 668.000 euros e que, segundo o rexedor, supoñerá a renovación da rede de abastecemento, pluviais e fecais como "facemos en todo Vigo con cargo ao orzamento municipal" e o expediente de contratación da humanización da rúa José Frau, entre López Mora e Álvaro Cunqueiro por valor de 596.545 euros que seguirá a renovación técnica habitual, tal e como apuntou Caballero, incluíndo saneamento, abastecemento, novo pavimento de granito, novo alumeado e mobiliario. Amais, poñerase en valor a obra do pintor José Frau, que figurará impresa en vinilo adhesivo, pegada sobre vidro para divulgar a súa obra. Inclúese tamén un busto do pintor con información en braille e cun código QR.