Caballero felicita ao Vigo Rías Baixas pola organización este domingo da Travesía a nado na praia de Ríos
O alcalde de Vigo transmitiulle os seus parabéns ao Club Natación Vigo Rías Baixas "polo xeito que estades movendo a natación en Vigo", durante a presentación da segunda edición da Travesía a nado Vigo Rías Baixas, que se celebrará este domingo (10:30 horas) na praia de Ríos, en Teis.
O rexedor valorou que é a "penúltima proba puntuable para o circuíto galego de augas abertas, e entendo que ademais en Vigo vanse a decidir os campións". Destacou tamén a "a amplitude de participación da proba, con nadadores de case trinta clubs de toda Galicia, que é un dato moi significativo", dixo Caballero.
Acompañado por Antonio Vázquez e Merari Urceira en representación do C.N. Vigo Rías Baixas, e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o alcalde tamén fixo especial fincapé na "vertente solidaria do euro de inscrición adicado a Brazadas contra o cancro", un movemento solidario.
A travesía está composta por tres distancias (2.600, 750 e 200 metros), a meirande delas reservada para nadadores populares de máis de 12 anos, pero tamén para os federados que compiten no circuíto.
Antonio Vázquez, presidente da entidade viguesa, que este ano cumpriu dúas décadas de vida, anunciou que ademais de nadadores galegos inscribiuse xente que vén de Asturias, e incidiu especialmente en que na travesía de 200 metros "damos apoio e fomentamos a participación de mozos da cidade con discapacidade; coa axuda do Concello usamos todos os medios dispoñibles para que estes mozos poidan nadar", dixo.
Descargar todas as imaxes