O Concello abre a Casa do Patín, en Bouzas, como oficina municipal descentralizada
Abel Caballero indicou que o histórico inmoble, no que se investiu 912.000 euros para a súa adquisición e rehabilitación, se inaugura este martes acollendo unha oficina descentralizada, unha sala de lectura e outra multiusos para impartir cursos e conferencias. O alcalde tamén anunciou a peonalización do casco vello de Bouzas.
Este martes o goberno de Vigo inaugura a rehabilitada Casa do Patín, en Bouzas, despois de ter investido 912.000 euros na súa expropiación e reforma. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que esta histórica edificación servirá de oficina municipal descentralizada.
En declaracións aos medios, Caballero apuntou que a oficina sita na Casa do Patín abrirá en horario de mañá e tarde e permitirá facer algunhas xestións ante a administración local. No mesmo inmoble o Concello dispuxo dunha sala de lectura e outro espazo multiusos no que se impartirán cursos de formación e conferencias, ademais de que poida ser cedido a asociacións ou colectivos.
A Casa do Patín é unha edificación singular e "histórica", subliñou o rexedor vigués, no casco histórico de Bouzas, trátase da "recuperación dunha zona de tanta importancia e dun edificio histórico na cidade de Vigo". Precisamente referiuse esta mañá Caballero a esta zona, ao anunciar que en próximas datas o goberno que preside fará peonil a zona vella da vila viguesa, prohibindo o estacionamento dos vehículos.
Axudas de comedor escolar
Na mesma rolda de prensa, Abel Caballero informou da aprobación na Xunta de Goberno Local das bases para a concesión das axudas municipais de libros, material e comedor escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Infantil, Primaria e Secundaria para o vindeiro curso.
O goberno vigués adica 1,2 millóns ao efecto, explicou o alcalde, que se engaden aos máis de 600.000 euros que tamén destina a comedor escolar a través do convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS). Caballero recordou que, sendo competencia da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo supera os 1,8 millóns de gasto para conceder 5.000 bolsas de comedor escolar na cidade.
Descargar todas as imaxes