Escoitar

Obradoiros e concurso de disfraces, protagonistas do entroido infantil

O Concello organiza estes días actividades no Auditorio Municipal e no propio consistorio, amais de animación de rúa para os máis pequenos da casa. Mañá martes quéimase o meco na Porta do Sol e haberá verbena coa Orquestra Olympus.

luns, 27 feb 2017
Abel Caballero deu conta este luns das actividades previstas para hoxe e para mañá martes dentro da programación de entroido organizada polo Concello.

Esta tarde, dentro do entroido infantil, haberá animación de rúa e cabezudos en Príncipe e na Porta do Sol, entre as Sol entre las 17:00 y las 18:00 horas. Ás 17:00 comezan no Auditorio Municipal os obradoiros infantís que se estenderán ata as 20:00 horas do serán. Amais, a lonxa do consistorio acolle o concurso de disfraces para nenas e nenos de ata 13 anos. As inscricións poden realizarse entre as 17:00 e as 18:00 horas e os desfiles celébranse entre as 18:00 e as 20:00 horas do serán. Os obradoiros e o concurso volverán ao mesmo espazo mañá martes 28 de febreiro pola tarde.

Ademais, o martes terá lugar a queima do meco do entroido vigués, que se celebrará ás 23:00 horas na Porta do Sol e que estará precedida pola verbena da Orquestra Olympus que comeza a súa actuación ás 22:00 horas.