Escoitar

O Concello financiará as aulas de música das bandas de Vigo

luns, 2 dec 2002
O goberno municipal deu o visto e prace á sinatura dun convenio de colaboración coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo. O obxectivo deste acordo é o de promocionar e potenciar as aulas de música que xestionan as 10 bandas do noso municipio. Deste xeito preténdese contribuír a manter viva unha arraigada tradición na nosa cidade.

O Concello financiará con 90.000 euros o funcionamento das aulas colaborando así na formación musical de ducias de rapaces e rapazas e promovendo actuacións públicas. Nas aulas impartiranse cursos de iniciación, de formación básica, e de práctica instrumental. Tamén se organizarán concertos, conferencias e intercambios con outras bandas.