Escoitar

Vigo colabora coa campaña de seguridade viaria "Ponlle freo"

O alcalde participou este venres na descuberta de inscricións nos pasos de peóns da cidade con mensaxes que avogan pola seguridade viaria e animou á cidadanía a participar o domingo na carreira "Ponlle freo" que recadará fondos para a Asociación Alento de Dano Cerebral.

venres, 17 xuñ 2016
1466167499ponlefreno.jpg
Abel Caballero tomou parte este venres no acto de descuberta de varias inscricións en pasos de peóns da cidade a prol da seguridade viaria dentro da campaña Ponlle Freo que organiza o grupo Atresmedia e na que colabora o Concello.

Os actos de concienciación da campaña de seguridade viaria en Vigo rematan o domingo cunha carreira solidaria con saída e meta na confluencia de Areal, Alameda e Colón, que recadará fondos para a Asociación Alento de Dano Cerebral.
Descargar todas as imaxes