The Lindsay String Quartet no Cine Fraga-Caixa Galicia
Michael Collins e The Lindsay String Quartet actuarán o martes 17 de decembro ás 20:30 no Cine Fraga-Caixa Galicia dentro do festival Are-More. Interpretarán temas de Haydn, Mozart e Brahms con violín, viola, violoncello e clarinete.
The Lindsay String Quartet están considerados entre os conxuntos de cámara máis importantes do mundo. As súas interpretacións funden as súas raíces na gran tradición europea transmitida por cuartetos tales coma Busch e Vegh. Gracias a súa intensidade, espontaneidade e o seu poder de comunicación gañaron a admiración do público.
O cuarteto formouse na Royal Academy of Music, pero leva o nome de Lord Lindsay, o rector da Universidade de Keele, onde o cuarteto residiu entre 1967 e 1972. Despois instaláronse durante seis anos na Universidade de Sheffield e dende hai dezaoito anos están firmemente establecidos na Universidade de Manchester, onde anualmente dan concertos, seminarios sobre o repertorio do Cuarteto, ensinan música de cámara e imparten clases particulares. En 1991 recibiron o premio Royal Philharmonic Society/Charles Heidsiek “Pola amplitude do seu sentido musical e a plena dedicación dos seus compoñentes”.
Foron particularmente aclamados polas súas interpretacións de Beethoven e Haydn, que moitos as consideraban inigualables pola súa imaxinación e visión profunda. Tiveron actuacións en numerosas salas, dende o Bridgnorth Haydn Festival e o Scheffield Crucible ata o Carnegie e Wigmore Halls, ofrecendo o máis amplo repertorio de Haydn e deleitando ó público coa variedade e profundidade da obra do compositor. Tamén interpretaron un ciclo cos cuartetos de Beethoven en Londres, San Francisco, Madrid, Sydney, Tokyo y París, así como en Princetown, New Jersey. Ademais de diversos ciclos no Wigmore Hall de Londres no Queen Elsabeth Hall en Edimburgo a principios do 2001.