Escoitar

Caballero insta á Xunta a habilitar partida orzamentaria para acometer a ampliación do colexio Castelao

Abel Caballero insta á Xunta á habilitar de forma inmediata a partida orzamentaria correspondente para acometer a ampliación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao. O alcalde avanzou en rolda de prensa que o Concello xa cumpriu os trámites urbanísticos necesarios para realizar estas obras ao dotar á parcela de uso de equipamento educativo.

venres, 15 abr 2016
O alcalde deu conta hoxe venres do cambio do uso da parcela anexa ao colexio Alfonso Rodríguez Castelao para que a Xunta acometa de inmediato a ampliación deste centro educativo. Trátase dun espazo de 10.000 m2, que, con esta decisión, pasa de ter uso asistencial a ser de equipamento educativo. Neste punto, Caballero instou á Xunta a habilitar de forma inmediata a partida orzamentaria precisa para acometer esta ampliación que a goberno autonómico prevé realizar en tres anos, "cando é posible facela en catro meses", recriminou o rexedor.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto de convenio con APAMP para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil concretado nunha ludoteca de integración. Cun achega de 20.000 euros, o Concello coopera no mantemento dun espazo de integración e ocio educativo estable na rúa Sagunto 86, para nenos e nenas de entre 4 e 10 anos.