Escoitar

Medidas de tráfico

venres, 15 abr 2016
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de canalización de gas autorizada en exp 76137/250, a realizar pola empresa Gas Galicia S.D.G. S.A., estará pechada ao tráfico a rúa DEVESA
(S XOAN MONTE)(entre os números 01 e 05), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 18/04/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de calas de control arqueolóxico, en calzada, a realizar pola empresa Oreco SA, estará pechada ao tráfico a rúa CANCELEIRO(entre Rosalía de Castro e García Barbón), con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 18/04/2016 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria, e co consenso dos veciños, establécese SENTIDOS ÚNICOS NAS RÚAS: BXADA SAMIL (entre Marans e Av Samil, cara á Av Samil), POULO DO POZO (cara á Av Samil), MARANS (entre Av Europa e Bxada Samil, cara á Baxda Samil), dende o 20/04/2016 ás 10:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que para mellorar a circulación viaria, e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa NUMANCIA (entre os números 81 e 83, cara á rúa Toxal), dende o 21/04/2016 ás 10:00 horas.


Solicítase a máxima colaboración cidadá.