Vigo e Fornelos demandan "premura" na reforma da lei de Área Metropolitana
Os alcaldes de Vigo e Fornelos de Montes coinciden "ao 100%" no modelo de Área Metropolitana de Vigo e na necesidade de reformar a lei autonómica de forma "urxente" para que entre en funcionamento. Así o explicou Abel Caballero ao remate da reunión con Emiliano Lage, no marco da rolda de entrevistas que está a manter cos alcaldes e alcaldesas do entorno para pulsar opinións sobre a Área Metropolitana.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou a coincidencia total existente co seu homólogo de Fornelos de Montes no planteamento sobre a Área Metropolitana. Ambos subliñan a necesidade de que se poña en marcha con "premura" e "sobre as bases do proxecto que saíu deste territorio", apuntou o primeiro edil vigués.
Caballero informou que ambos rexedores ven "central" o funcionamento da Área Metropolitana viguesa, consideran "razonable" a incorporación de municipios como Tomiño -cuxa alcaldesa planteouno onte- e comparten cuestións como que sexa o novo ente administrativo o que poida decidir, no marco da lexislación autonómica, a forma e o ritmo de asunción das competencias delegadas.
Nesta cuestión, Abel Caballero indicou que existen problemas "de urxencia" para todos os concellos da área viguesa, como o transporte metropolitano ou ao novo hospital de Beade. Así, o alcalde de Vigo ve necesario que a Xunta de Galicia reforme con "premura" a lei de Área Metropolitana para poder asumir esta competencia e resolver os problemas existentes, opinión compartida polo seu homólogo de Fornelos e, segundo apuntou o propio Caballero, polos alcaldes cos que xa se reuníu: Tomiño, Nigrán e Porriño.
Descargar todas as imaxes