O Concello de Vigo súmase á manifestación musical da Plataforma ”Nunca máis”

”Burla negra” integrada na Plataforma ”Nunca máis” realiza un chamamento para que os vigueses asistan á mobilización prevista para o 6 de xaneiro ás 18:00 na praza do Rei en repulsa pola xestión do Goberno ante a marea negra provocada polo ”Prestige”.
O pasarrúas estará amenizado por gaiteiros, actores, persoas disfrazadas con motivos alusivos á marea negra e todos aqueles que se queiran achegar de maneira improvisada. Os organizadores da mobilización pretenden ofrecer un aspecto lúdico na protesta para desdramatizar a situación que se vive en Galicia e solicitan que os participantes na marcha leven instrumentos ou cacharradas.
Os manifestantes sairán o 6 de xaneiro ás 18:00 da praza do Rei e seguirán por Cachamuíña, Romil, Paseo de Afonso, Elduayen, Porta do Sol, Policarpo Sanz, Colón, Praza Compostela, García Olloqui e Montero Ríos.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes