Medidas de tráfico para deixar paso á Cabalgata de Reis
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes establece zonas de prohibición de estacionamento, cortes de tráfico, desvíos e cambios no sentido de circulación dalgunhas rúas con motivo da celebración da Cabalgata de Reis.
Prohibición de estacionamento
A partir das 10:00 horas do domingo 5 de xaneiro de 2003 ata o remate da Cabalgata prohíbese o estacionamento nas rúas:
1)Rúa Venezuela (dende a avenida das Camelias ata Gran Vía), toda a avenida das Camelias e o tramo oeste da rúa Álvaro Cunqueiro (do núm 2 ó 18) e avenida de Castrelos (dende a praza de América ata a rúa Cesáreo González)
2)Prohíbese o estacionamento na rúa Manolo Martínez (dende a avenida do Fragoso ata a avenida da Florida).
3)Prohíbese o estacionamento na rúa Pescadores, Paulino Freire e Eduardo Cabello (fronte ó Liceo) para a Cabalgata de Bouzas.
Peches de tráfico
Pecharanse o tráfico na tarde do domingo 5 de xaneiro de 2003 nas seguintes rúas:
1) Ás 15:00 ata o pase da Cabalgata por rúa Venezuela e os seus accesos dende as rúas transversais de Simón Bolívar, Panamá e Taboada Leal.
2) Ás 17:00 horas na praza do Rei e as rúas Paseo Granada e Blein Budiño para a recepción ós Reis Magos na Casa do Concello e Praza do Rei.
3) Ás 18:00 horas toda a avenida das Camelias, a superficie de praza de América (e no interior do túnel só o sentido cara a avenida das Camelias), Álvaro Cunqueiro (tramo oeste, dende o núm 2 ata núm 18) e ós seus accesos dende as súas rúas transversais de Avda. da Hispanidade, rúa López Mora, rúa Romil, rúa Doutor Marañón, rúa Chile, rúa Don Quixote, rúa Frau, rúa Pintor Lugrís, rúa Pintor Colmeiro, rúa Laxeiro e rúa Otero Pedrayo.
4) Ás 18:30 e con carácter circunstancial segundo o paso da Cabalgata de Bouzas pecharanse as rúas de Eduardo Cabello, “Rotonda das Anclas”, Pescadores, Paulino Freire, Tomás Paredes, Avenida de Europa, Pardaíña, Arquitecto Pérez, Avenida Atlántida, Tomás Alonso e Camilo Veiga retornando por Pescadores, “Rotonda das Anclas” a Eduardo Cabello.
Desvíos alternativos no entorno da Praza de América
1.- O tráfico que se aproxime á praza de América descendendo pola Gran Vía desviarase pola rúa do Carmen baixando preferiblemente ata a circunvalación pola rúa Torres Quiroga (fronte ós frontóns do pavillón) ou ben dun xeito máis dificultoso ata a avenida de Castrelos.
2.- O tráfico que acceda á praza de América procedente de Balaídos desviarase pola rúa Eugenio Kraff e Manuel de Castro e no último tramo pola rúa Manolo Martínez.
3.- O tráfico que acceda á praza de América procedente da avenida da Florida (C-550) desviarase pola rúa Darío Durán accedendo á avenida de Castelao.
4.- O tráfico procedente da avenida de Castelao só terá libre a saída polo túnel no sentido cara a Gran Vía, e por superficie só cara á avenida da Florida.
5.- O tráfico procedente de Beiramar non poderá subir pola rúa Coruña a partir da praza de Eugenio Fadrique a partir das 19:00 horas tendo que desviarse por Beiramar ata a circunvalación por Bouzas ou ben cara ó centro polo túnel de Beiramar.
(Na parroquia de Bouzas existirán peches circunstanciais co gallo da Cabalgata de Bouzas).
Permitirase a subida dos autobuses urbanos (Vitrasa) ata a praza de América ata que o permita a afluencia de público impedíndose totalmente a partir das 19:30 horas.
6.- Autorízase a partir das 18:00 o acceso polo carril-bus de Pi y Margall (desde López Mora ata rúa Chile) e o acceso ós seus garaxes dos veciños das rúas afectadas polo itinerario da Cabalgata.
7.- De xeito circunstancial e durante a Recepción invertirase o tráfico no tramo da rúa Pracer dende Progreso ata Ronda Don Bosco e de ser necesario invertirase o tránsito na rúa Álvaro Cunqueiro dende Colmeiro ata Zaragoza para acceder os veciños e comerciantes ós seus garaxes e comercios.
Alteración das liñas de autobús urbano (Vitrasa) e interurbano (ATSA) e outras
Veranse afectadas directamente por desvíos todas as liñas con paradas e que pasan polas rúas Venezuela, Camelias e praza de América.
Descargar todas as imaxes