Comercio inicia unha campaña de imaxe para atraer visitantes que veñan facer as compras de Nadal a Vigo
A concelleira de Comercio e Turismo, Lílian Álvarez, presentou a campaña ”Este Nadal, regálate un mundo” destinada a potenciar o turismo comercial vigués en Galicia e norte de Portugal. A promoción de Vigo realizarase, ademais, para fomentar o espírito de solidariedade coa cidade.
Lílian destacou a idea de convidar os visitantes a pasar unha fin de semana de compras e lecer durante o Nadal co obxectivo de desestacionalizar a oferta turística. ”Esta campaña realízase ante o abandono sufrido e para que non se paralice a actividade comercial nestas datas, xa que este sector mais o hostaleiro representan o 30% da economía viguesa”, sinalou Álvarez.
A campaña consistirá na promoción da cidade como punto comercial e realizarase en prensa, radio e televisión, tanto en Galicia como no norte de Portugal.
Caixanova participa nesta campaña de promoción e o responsable desta entidade financeira Jorge Santos apuntou que a pesar de que Vigo é unha cidade coñecida pola industria, posúe o maior número de comercios de Galicia e é a maior xeneradora de emprego.
A concelleira apuntou que o 2003 vai ser duro para o turismo, como demostra a perda do 30% de visitantes na zona afectada trala catástrofe provocada en Francia polo Erika. Para evitar isto, en Galicia xa se solicitaron plans de promoción e investimento.
Descargar todas as imaxes