Escoitar

www.marcovigo.com

xoves, 5 dec 2002
imx2090.jpg
Intro páxina
O Museo de Arte Contemporánea conta dende hoxe cunha páxina web que facilita información sobre o museo e reflicte en internet a súa actividade e exposicións. A directora do museo, Carlota Álvarez Basso, destacou que ”aínda que o sitio web do Marco ten un carácter principalmente informativo, prestouse especial atención ó seu deseño gráfico, para que a súa visita sexa para os usuarios unha experiencia interactiva rica e agradable.

O deseño da mesma baséase na propia identidade corporativa do museo, adaptada ás posibilidades e limitacións do medio Internet, e buscando o máximo dinamismo, co fin de transmitir unha imaxe dinámica e activa da páxina web, en consonancia co proxecto museístico. Desde o punto de vista técnico, destaca polo uso da tecnoloxía flash e pola xestión dinámica dalgúns contidos, soportados por bases de datos. En definitiva, como unha imaxe na que todo flue en constante movimento.

Os contidos da web son moi amplos e cobren as principais necesidades dos visitantes: información xeral sobre o Marco e a Fundación, cunha explicación detallada da orixe do proxecto, da organización do museo, do proxecto arquitectónico, etc: datos prácticos sobre o museo, para facilita-la visita ó mesmo: información actualizada sobre as exposicións e outras actividades celebradas no Museo.

A web do Marco foi desenvolvida por un equipo multidisciplinar de sete persoas (deseñadores, programadores, responsables de proxecto) da empresa Interacción ó longo de catro meses de traballo e colaboración coa dirección do museo.
Descargar todas as imaxes