Escoitar

Exposición "A outra cara de Africa" no Verbum

O Verbum-casa das Palabras (Avda de Samil, 17) acolle a exposición "A outra cara de África", promovida pola Asociación de Emigrantes Senegaleses residentes en Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. A Exposicion que se poderá visitar ata o 28 de xuño amosa aspectos na vida da cultura de África.<br />

mércores, 1 abr 2015
1427882900africa.jpg
A exposición é o desexo de presentar o continente africano con todas as súas riquezas e valores. África árida e luxuriante, relixiosa e animista, vermella e verde, fermosa e sórdida, poboada e desértica. Esta África chea de contrastes quere compartir uns tesouros históricos, culturais e humanos que son parte do patrimonio da humanidade.

África, a gran descoñecida, móstrase á cidadanía para ofrecer a diversidade e a riqueza das súas culturas e a súa autenticidade, a través do achegamento respectuoso á súa artesanía, relixión, arte, etc., para descubrir unha sociedade con múltiples contrastes, para coñecer mellor a realidade dun pobo, reducir as distancias e compartir a esencia dunha cultura.

"A Outra Cara de África" pretende amosar aspectos moi importantes na vida da cultura de África, a través de instrumentos rituais, obxectos de culto, como as MÁSCARAS que se diferencian polas súas formas, as súas dimensións, e o material de fabricación. Existen máscaras de trazos aterradores, naturalistas, de animais etc., as máis coñecidas son as máscaras Dógon.

Os personaxes máis importantes na sociedade Africana soen representarse polas ESTATUAS. A figura do antergo máis común destas: reis, guerreiros, notables figuras culturais, representan unha asociación determinada que ten certos ritos.

Complétase con artesanía doméstica, figuras relixiosas, variedades de instrumentos musicais, xoguetes, cadros de area....

A exposición, aberta ao público ata o 28 de xuño, contará cun programa de divulgación a través de visitas guiadas:

- Visitas grupais: todos os martes e xoves, do 7 de abril ao 18 de xuño, con reserva previa no servizo de Atención Cidadá (010 ou 986.810.260 se chama fóra de Vigo). Máximo de 30 persoas/grupo, con dous: 10:30 h e 12:00 h.

- Visitas presenciais: do 2 de abril ao 28 de xuño, sen reserva previa, martes a venres ás 18:00 h; sábados, domingos e festivos, ás 12:30 h.
Descargar todas as imaxes

Máis información