Escoitar

Todos os grupos apoian ampliar os horarios da Pinacoteca e do resto dos espazos expositivos

O PP conqueriu o apoio do resto dos grupos á moción na que insta ao goberno local a ampliar os horarios dos distintos espazos expositivos da cidade. Tamén logrou sacar adiante, neste caso cos votos do BNG, unha iniciativa que reclama estudar a posibilidade de ubicar o Bernardo Alfageme no Museo do Mar de Galicia.

luns, 27 out 2014
Todos os grupos acordaron esta mañá ampliar os horarios da Pinacoteca e do resto dos espazos expositivos da cidade. Tal e reza o texto defendido polo Partido Popular, esta infraestrutura cultural podería converterse nun gran valor cultural e turístico para a cidade, cun plan de acción sobre o patrimonio artístico da cidade.

Outra das mocións populares que se aprobaron na sesión plenaria desta mañá foi a relacionada co futuro da embarcación Bernardo Alfageme. O PP, neste caso co apio do BNG e o voto en contra do PSOE, insta ao goberno local a iniciar conversas coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para estudar a posibilidade de ubicar este barco no Museo do Mar de Galicia.