mércores, 29 outubro 2014

O goberno local estudará a proposta alternativa da Xunta de Galicia para a reforma de Balaídos

O alcalde é "proclive a aceptar" a contraproposta autonómica para a reforma do estadio, que pasaría por adicar 2 millóns ás pistas de atletismo baixo a grada de Río e as anexas ao recinto. O planteamento municipal era que a Xunta achegase o 10% do custo total da remodelación de Balaídos, 3 millóns de euros, a mesma porcentaxe na que participou para refacer o estadio de Pasarón, en Pontevedra.

"Do not disturb. No molestar", este vernes no Auditorio Municipal do Concello

mércores, 29 out 2014

A programación municipal de artes escénicas, Vigocultura, continúa no Auditorio Municipal do Concello este venres día 31 coa compañía Vaivén Circo, que nos achega a un día de traballo en calquera fábrica do século XX, na obra "Do not disturb. No molestar"; catro personaxes singulares traballados para provocar sentimentos de todo tipo. As entradas, a 8€, están á venda en servinova (servinova.com e 902.504.500), a Central de Espectáculos e na billeteira do recinto dende unha hora antes.