Escoitar

Aberto o prazo para participar na Carreira do Pavo

martes, 17 dec 2002
imx2141.jpg
Programa
A Carreira do Pavo é un dos eventos máis tradicionais do calendario deportivo da cidade. Arredor de 500 atletas participarán neste Premio pedestre do Nadal, que se celebrará o 22 de decembro a partir das 10:30 horas, organizado pola Delegación da Federación Galega de Atletismo de Vigo e patrocinado pola Concellería de Deportes.

Haberá dous circuítos, un pequeno e un grande, que percorrerán os participantes segundo a súa categoría. Os interesados en tomar parte da competición, federados ou non, poden anotarse ata o 19 de decembro no fax 986 441 216, facendo constar nome e apelidos, ano de nacemento, equipo e número de licencia no caso de atletas federados.

Os atletas participarán cos dorsais que se entregarán unha hora antes do comezo da competición na cafetería Alameda.
Descargar todas as imaxes