Escoitar

O Concello emprende unha campaña de recollida de bicicletas para darllas á xente con poucos recursos

martes, 17 dec 2002
imx2143.jpg
Presentación
Co lema ”Unha bici, un sorriso” presentouse a campaña solidaria de recollida de bicicletas usadas organizada pola asociación ”A golpe de pedal” e patrocinada pola Concellería de Benestar Social. Despois da reparación, as bicicletas entregaránselles ás persoas con poucos recursos económicos.

Esta campaña consiste en darlle a oportunidade ás persoas que teñen bicicletas en desuso para que poidan entregalas en beneficio dos rapaces con menos posibilidades económicas. Casas comerciais encargaranse, gratuitamente, da reparación e da instalación das pezas necesarias para que a entrega se realice en boas condicións.

A Policía local cede instalacións e o garaxe para o seu almacenamento e a Fundación Vide, unha furgoneta para a recollida das bicicletas.

Os interesados en participar poden entregar as bicicletas ata o 10 de xaneiro en Anca (Seara, 62), Delio (Gaiteiro R. Portela, 2), Palacio da bicicleta (Sanjurjo Badía, 220) ou no garaxe da Policía local (edificio do Concello). Tamén se pode chamar aos teléfonos 687 002 128 e 606 456 631 para a súa recollida.

”A golpe de pedal” defende a humanización das rúas da cidade, para o que estima necesaria unha concienciación sobre a utilización da bicicleta como medio de transporte alternativo ao vehículo particular.
Descargar todas as imaxes