Escoitar

Actividades para a mocidade no programa ”Verán de lecer”

venres, 22 xuñ 2001
imx370.jpg
O concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez, presentou o ”Verán de lecer”, organizado polo Plan Comunitario de Teis, que se desenvolverá do 29 de xuño ó 14 de xullo. O programa inclúe un festival rock, proxeccións de cine, obradoiros, roteiros e concursos.

Excálibur, Pokemon 2, A costela de Adán, Matrix, Búho gris e Blade Runner son as películas que se proxectarán ó longo de dúas semanas en pantalla xigante, ademais dun audiovisual sobre medio ambiente. O sábado 14 de xullo celebrarase o festival rock no que actuarán grupos de Teis.

Nos obradoiros poderán participar nenos a partir de cinco anos de idade. Celebraranse no local Lúa e no da asociación de veciños de Teis. Haberá tamén dous roteiros, un á Finca Municipal da Buraquiña e outro á Riouxa. O concurso de murais terá como tema o medio ambiente en Teis e a entrega de premios realizarase o día do festival.

Os interesados poden anotarse ou pedir máis información no local do Plan Comunitario de Teis (rúa Coutadas, 59) en horario de 10:00 a 13:00, ou chamando ó teléfono 986-281670.
Descargar todas as imaxes