Declaración do Concello de Vigo ante a morte de Antonio Molina
A indignación adoita ser a primeira sensación que invade o noso pensamento cando recibimos a noticia dun novo atentado terrorista. A irritación trócase en dor cando nos decatamos dos terribles momentos que está a pasar a familia da persoa á que segou a vida a sinrazón.
A estes sentimentos súmase ademais o estupor que nos causa o feito de sermos incapaces de comprender como pode haber alguén que careza de escrupulos para violar o dereito máis fundamental, o dereito á vida, en nome de calesquera reivindicación.
A inmensa maioría das xentes deste pais experimenta sensacións semellantes ante as brutais accións dos terroristas e por iso todos convimos na conveniencia de demostralo reuníndonos cada vez que se produce un atentado. O Concello de Vigo actúa como representante da vontade da maioría cando convoca este acto no que demostramos que estamos unidos no absoluto rexeitamento do terrorismo. Concentracións coma esta demostran a firmeza da maioría social na condena dos asasinatos e na defensa do estado de dereito e dos seus valores.
Aquí estaremos sempre que sexa necesario para amosarlles aos violentos que o camiño que escolleron non ten saída e que a única solución para calquera conflicto é o diálogo dentro do marco democrático.
Hoxe a nosa mensaxe de solidariedade é para a familia e achegados de Antonio Molina Martín, o garda asasinado cando cumpría co seu deber. Tamén queremos facer chegar unhas palabras de apoio e ánimo á outra víctima desta acción terrorista.
Convídoos agora a gardar un minuto de silencio en memoria do falecido.
Descargar todas as imaxes