O Concello de Vigo homenaxea aos alcaldes, deputados e concelleiros fusilados en 1936
Abel Caballero encabezou hoxe martes a homenaxe realizada polo Concello de Vigo aos lexítimos representantes públicos que foron asasinados polas sublevadas tropas franquistas un 27 de agosto de 1936 no cemiterio de Pereiró, homes como Martínez Garrido e Antela Conde, alcaldes de Vigo e Lavadores, respectivamente.
O Concello de Vigo organizou este martes un acto de homenaxe aos cargos e representantes públicos que foron fusilados polo fascismo no cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de dar lectura a un discurso de homenaxe aos "represaliados" polo franquismo, homes como o entón alcalde da cidade, Emilio Martínez Garrido, e o rexedor de Lavadores, José Antela Conde, un acto que continuou cunha ofrenda floral.
Emilio Martínez Garrido foi alcalde de Vigo entre decembro de 1932 e marzo de 1934, e nunha segunda etapa a partir de febreiro de 1936. Foi fusilado no cemiterio de Pereiró o 27 de agosto de 1936. José Antela Conde, alcalde de Lavadores desde febreiro do 36, tamén resultou asasinado na mesma noite. O Concello vigués tamén honrou a memoria de Enrique Blein Budiño, primeiro alcalde de Vigo na segunda república, cesou no seu cargo en setembro de 1931. Morreu o 10 de decembro de 1936.
Os deputados Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana e Ignacio Seoane recibiron tamén o recoñecemento institucional, ademais de Apolinar Torres (presidente da Casa do Pobo, militante socialista e membro da Unión Xeral de Traballadores), Ubaldo Gil Santóstegui (concelleiro vigués) e Ramón González Brunet (funcionario da Casa do Pobo, militante socialista e da Unión Xeral de Traballadores).
Descargar todas as imaxes