Exposición "NOWHERE. Propostas fóra de lugar" na Casa das Artes
A Concellería de Cultura e Festas organiza, dentro do programa cultural A Noite Branca, a exposición "NOWHERE. Propostas fóra de lugar", que se inaugura na Casa das Artes o 9 de agosto e que estará aberta ao público ata o 8 de setembro. A exposición está comisariada por David Barro e conta coa participación dos artistas Jesús Madriñán, Fluzo, Suso Fandiño, Pelucas, Beatriz Lobo, Armando G. e Nacho Alonso.
"NOWHERE – Propostas fóra de lugar" é unha exposición que xira en torno á vida contemporánea. O título da mostra é o uso do "w" sitúanos nunha situación ambigua. Poderiamos entendelo como negación —Aquí non (No Here)—, tamén como afirmación —Agora aquí (Now Here)—, aínda que en realidade sitúanos nun terreo de ninguén, nun non lugar (Nowhere). Os seus protagonistas son creadores que procuraron o seu propio lugar. Algúns deles permaneceron máis ou menos alleos ao ámbito institucional; outros se se introduciron nel foi para cuestionalo, para abrilo á rúa.
Xa nos anos oitenta Douglas Crimp sinalaba que o Museo debe atraer a vida escondida tras as súas fronteiras para paliar o virtual estado de crise no que podería atoparse. Hoxe, entre tanta crise, parece que estamos na mesma situación. Crimp afirmaba que o Museo unicamente renacería co derrubamento das súas paredes, introducindo no seu interior as prácticas artísticas que se desenvolven no exterior, e de todo iso, en certa medida, é herdeira esta exposición preparada para a Casa das Artes de Vigo.
Os artistas desta mostra son creadores que reúnen información para destilala e transformala, transgredíndoa e devolvéndoa cargada de novos significados, pero sobre todo capaces de cuestionar o ritmo institucional para calibrar o pulso da vida. As súas obras, lugares híbridos, puntos de encontro entre distintas xeografías, entre diferentes marxes.
Descargar todas as imaxes