Escoitar

O goberno local remata a mellora da pista de atletismo de Castrelos, na que investiu 150.000 euros

O alcalde acudiu este xoves ao parque de Castrelos tras ter finalizado o Concello os traballos de mantemento e consolidación da pista de atletismo, cun orzamento próximo aos 150.000 euros.

xoves, 8 ago 2013
1375964273castrelos.JPG
Segundo informou hoxe Abel Caballero, a reforma da pista respectou o trazado existente e contou cun orzamento próximo aos 150.000 euros, unha obra cun resultado "excepcional".

A actuación contempla a sinalización do percorrido, cunha lonxitude de 1.000 metros e un ancho de 3 metros. Ademais, existe unha alternativa de trazado que permite ampliar o circuíto ata os 1.200 metros. O goberno de Vigo tamén consolidou a recta de 100 metros de lonxitude próxima ao auditorio coas mesmas características que o resto do percorrido.

Para levar adiante este mellora, o Concello delimitou definitivamente o trazado, que ten 3 metros de ancho en toda a súa lonxitude, realizou un caixeado no que se retirou o material existente para proceder ao seu posterior recheo mediante sucesivas capas: unha subbase que permite a drenaxe da propia pista, unha base prefabricada elástica cun corpo de aglomerado granulado e caucho; e, unha vez rematada a colocación, estendeuse unha capa de xabre para, finalmente, engadir unha última de refino procedente de area de canteira. Todas estas capas confináronse mediante bordos consistentes nunha platina de aceiro galvanizado pintado e cravado ao chan. A cada lado do percorrido, dispúxose unha rede de drenaxe para a recollida de augas pluviais.
Descargar todas as imaxes