Escoitar

O Concello convenia a creación de 28 postos de traballo en asociacións de comerciantes

No marco do Plan Municipal de Emprego deste ano, o alcalde, Abel Caballero, asinou este mércores sendos convenios coas asociacións de comerciantes da rúa Príncipe, VigoVello e Zona Centro. O apoio do Concello, 200.000 euros en total, permitirá a creación de 28 postos de traballo.

mércores, 24 xul 2013
1374682624convenios.JPG
Segundo apuntou o propio rexedor ante os medios de comunicación, o Plan Municipal de Emprego do Concello, na súa edición deste ano, adica máis de catro millóns de euros para a creación directa de 661 empregos. A esta inciativa se suma as políticas keynesianas que o Concello aplica mediante o investimento público municipal, tamén xeradores de emprego.
Descargar todas as imaxes