Escoitar

O Concello proxecta o documental "Las maestras de la República"

Esta proposta de educación en valores é unha testemuña gráfica do importante compromiso e legado destas docentes na transformación social do noso país a través da educación. Terá lugar no Auditorio Municipal o vindeiro xoves 6 de xuño ás 19,00 hs, baixo a modalidade de acceso do público con entrada libre ata completar o aforo.

martes, 4 xuñ 2013
1370348295lasmaestras.jpg
Neste documental de Fete-Uxt en colaboración con "Transit Producciones", a través da recreación dunha mestra da época, e imaxes de arquivo inéditas,descubrimos o legado que nos teñen deixado as mestras republicanas e que ten chegado ata os nosos días.

Articulado en base a testemuñas de investigadores e familiares, permite coñecer o intre histórico que viviron estas docentes e a súa decidida e comprometida participación na transformación social do noso país a través da educación.

As mestras republicanas non dubidaron en comprometerse cuns ideais que tiñan coma obxectivo facer da educación o pilar da democracia, o desenvolvemento e o benestar de todo o país.

Foron mulleres valentes e comprometidas que participaron na conquista dos dereitos das mulleres e modernización do ensino, baseado nos principios da escola pública e democrática. Estas docentes modernas, cultas e independientes, que se implicaron na renovación pedagóxica, na consecución dos dereitos das mulleres, nas actividades sindicais, sociais e políticas, foron fundamentais para o impulso do país.

Este proposta documental é unha pequena homenaxe ás mestras republicanas, que cun libro e tiza, adicaron as súas vidas a ensinar as verbas coas que nomeamos a liberdade, democracia, xustiza e igualdade. A reivindicación do seu legado, hoxe, é máis necesario que nunca, como o é o traballo de todos os docentes que siguen os seus pasos.
Descargar todas as imaxes