Escoitar

Ultimos días para inscribirse no obradoiro "Xénero e Igualdade de Oportunidades"

O mercores finaliza o prazo para inscribirse no obradoiro gratuíto "XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE" organizado pola Concellería de Igualdade .<br />

martes, 4 xuñ 2013
Dirixido a : todas as persoas interesadas.

Formadora: Rosa Faraldo Rivas (Psicóloga)

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

Contidos:

As manifestacións de desigualdade de xénero na vida cotiá.

O sistema de relación sexo-xénero. A socialización diferenciada.

A división sexual do traballo.

A perspectiva de xénero como instrumento de análise e marco de intervención.

A violencia de xénero.

O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Período e horarios: o xoves 6 e o venres 7 de xuño de 18.30 a 21.30 h.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20 .

Inscrición previa. Prazas limitadas. As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284