O alcalde insta á Mesa de Industria a reunirse para evitar a retroactividade do tax lease
O alcalde de Vigo insta á Mesa de Industria a reunirse en Madrid para acordar as razóns que avalan a non retroactividade do tax lease. Con este mesmo obxectivo, Caballero manterá o luns un encontro con deputados galegos e sindicatos.
O alcalde solicitará unha reunión da Mesa de Industria de Madrid para "poñer en común os elementos que avalan que o tax lease non ten que facer devolucións porque se actuou con legalidade". Insistiu na importancia que ten para a economía da cidade unha resolución sobre a inexistencia de efectos retroactivos derivados da aplicación do anterior sistema de bonificación. Ata o de agora, o goberno de España aínda non enviou as razóns xurídicas que avalan esta postura, do mesmo modo que o comisario tampouco emitiu informe. Neste punto, indicou, é importante que se reúna esta Mesa, formada polos ministerios de Industria, Economía e Traballo, ademais das centrais sindicais e empresariais, e que non se constituiu desde que goberna o PP.
Por outra banda, avanzou que o próximo luns, o rexedor vai manter un encontro con deputados galegos e sindicatos, "unha movilización cualificada desde Galicia para tratar as bases que garantan que non hai que facer devolucións", remachou.
Descargar todas as imaxes