Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 16 mai 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 20 DE MAIO DE 2013.



1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 3 de maio e extraordinaria e urxente do 6 de maio de 2013.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dar conta de sentencia e autos:

a) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 272/2012 p.o. Demandante: "IBERBOUZA, S.L." e dúas mercantís máis.Obxecto: Resolución do 04/07/2012, reclamación patrimonial, caído muro o 05/10/2010 (PROA) Expte.: 3038/243. Desestimado o recurso.

b) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 65/2013 P.A. Demandante: Dª. CELINA AGAHWA MARTÍNEZ e outra. Obxecto: Desestimación presunta da reposición.Expediente disciplinario. Expte.: 35331/212. Estimado recurso.

c) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 97/2011 P.O. Demandante: Panadería Barrio do Cura S.L.Obxecto: Resolución do 2-5-2011 (en reposición) reclamación patrimonial danos por filtracións de auga, rúa Merlo. Desestimado o recurso.

d) Auto Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no recurso de apelación interposto contra sentenza no RC-A nº 146/2011 p.o. Demandante: "CONYCASE, S.L." Obxecto: XGL 14/03/2011. Autorización da concesión de 3 estacionamentos subterráneos. Inadmitida a apelación.

e)Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo no RC-A nº 338/2012 P.O. Demandante: URBANISMO VIGO, S.A. Obxecto:TE-A do Concello de Vigo 16-7-2012. Liquidación ICIO (lic obras 50953/421). Expte.: 685/500. Estimado parcialmente o recurso.

f) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 57/2013 P.A. Demandante: Dª María Esperanza Mediero Calvo. Obxecto: Resolución do 25/01/2013, reclamación patrimonial humidades na vivenda na Baixada á Pontenova nº 53. Expte.: 3595/243. Desestimado o recurso.
g) Decreto do Xulgado do Social nº 4 de Vigo no PROC: Despedimento obxectivo individual 1318/2012. Demandante: D. Francisco Fernández Padín. Demandados: Aparcamientos IC GÓMEZ ULLA, S.L. ISOLUX CORSAN A. S.A. Concello de Vigo. Declara rematado o procedemento.

h) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo no RC-A nº 34/2013 P.A. Demandante: D. SERGIO MARTÍNEZ AMOEDO E NACIONAL SUÍZA de SEGUROS. Obxecto: Desestimación presunta. Reclamación patrimoniao danos en vehículo o 16-1-2012, colector RSU. Expte.: 3612/243. Estimado o recurso.

ATENCIÓN CIDADÁ
3.- Convocatoria e bases reguladoras das Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá-2013. Expte. 6029/320

BENESTAR SOCIAL
4.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo servizo de Benestar Social nos meses de marzo-abril 2013. Expte. 82296/301

CONTRATACIÓN
5.- Devolución de fianza á Santiago Cucart S.L. constituída polo contrato de colaboración na xestión catastral delegada do Concello de Vigo. Expte. 4466/241.

6.- Proposta para declarar deserto o procedemento negociado sen publicidade para a subministración de planta de temporada. Expte. 6913/446.

CULTURA, FESTAS, MUSEOS
7.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Museos durante o mes de abril de 2013. Expte. 363/341.


ELECTROMECÁNICOS
8.- Prórroga do contrato de mantemento integral das intalacións electromecánicas de túneles e pasos inferiores da Cidade de Vigo. Expte. 14755/444.

EMPREGO
9.- Bases reguladoras e convocatoria do Programa de Axudas Municipais á Creación de Empresas da Concellería de Emprego, Participación cidadá e Voluntariado. Expte. 9625/77.


POLICÍA LOCAL
10.- Prórroga do contrato do sistema de radiocomunicacións de voz e datos (Trunking). Expte., 37774/212.

RECURSOS HUMANOS
11.- Rectificación erros detectados no acordo da Xunta de Goberno Local de 15/02/2013 relativo a "Instrucción sobre xornada e horarios de traballo e réxime de ausencia do persoal ao servizo do Concello de Vigo" (expte. 23889/220). Expte. 24100/220.

12.- Complemento de produtividade ao Policía Local, D. José Angel Portela Saavedra. Expte. 23876/220.

13.- Dar conta de resolucións:

a) Resolución do concelleiro de Xestión Municipal de declaración de xubilación obrigatoria da empregada municipal Da. Berta Guarner González con efectos de 01/05/2013. Expte. 24065/220.

b) Resolución do Excmo. Alcalde sobre a permanencia na prestación de servizos por parte de D. Francisco J. González-Yebra Pimentel como Letrado no Tribunal Supremo. Expte. 24098/220.


TESORERÍA
14.- Indemnizacións substitutiva por importe de 3.301,50 € a favor de Servicios de Colaboración Integral Postal pola emisión dos adeudos por domiciliación da taxa por exaccións unificadas do período 2012. Expte. 12947/541.

TURISMO E COMERCIO
15.- Execución da Sentenza do Xulgado do contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo recaída no P.A. 352/2009 en relación a concesións de postos no Mercado do Progreso. Expte. 5863/111.

16.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 20 de maio de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 14 de abril de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.